Bueu promociona o galego nos xogos de cartas e de rol

Alfredo López Penide
L. Penide BUEU / LA VOZ

BUEU

CONCELLO DE BUEU

A Praza Massó acolle durante toda a fin de semana a primeira edición de Ghallufadas

22 abr 2023 . Actualizado a las 00:35 h.

O Concello de Bueu organiza esta fin de semana Ghallufadas, unhas xornadas para promover a lingua galega nos xogos de cartas e de rol na carpa da Praza Massó. «É un evento pioneiro que tivo o seu xermolo no Mozarte, e que continuou coas xornadas de videoxogos en galego que se puxeron en marcha o pasado ano», destacou o concelleiro Xosé Leal.

Deste xeito, haberá propostas de torneos de distintos xogos, ademais de que se impulsará a creación dun xogo de rol baseado no libro Travesía por tres momentos da historia de Bueu. En paralelo, programouse para hoxe a conferencia de Alberto Abal, de Corvus Belli, sobre a creación dunha IP e a publicación de xogos por mecenado.