Os mellores relatos sobre o tempo terán premio

Nova edición do concurso de microrrelatos organizado por Ozocogz

Imagen durante la entrega de premios del concurso, en una edición pasada
Imagen durante la entrega de premios del concurso, en una edición pasada

Ourense

A empresa ourensá Ozocogz, que deseña produtos con identidade galega como o xogo de preguntas e respostas «Ti non es de aquí?», organiza este ano a novena edición do seu concurso de microrrelatos. Todos os que queiran participar poderán enviar os seus textos do 1 ao 30 de abril. A extensión máxima dos mesmos non poderá sobrepasar as 140 palabras e a temática nesta edición será «O Tempo», pero non coa acepción relacionada coa meteoroloxía. «O Tempo é ese concepto que nos axuda a entender os cambios, as transformacións, as nosas propias e as do que nos rodea, xunto co espazo, o tempo é fundamental para localizar existencias, acontecementos e todo tipo de fenómenos. Falamos de tempo cando falamos do pasado, do presente e do futuro, e dende antigo foi motivo de reflexión e estudo, tanto por filósofos como por científicos do máis variado», explican as bases do certame, que poden consultarse na web de Ozocogz.

O gañador desfrutará dun menú degustación en Casa Gazpara, no Carballiño, e recibirá ademais un xogo de mesa da marca galega. O relato que chegue a finalista recibirá un obsequio de Ozocogz e un lote de libros.

O xurado estará composto polos escritores Inma López Silva, Miriam Ferradáns e Miguel Ángel Alonso Diz; ademais de Cruz Martínez, gañadora da anterior edición. Estarán acompañadas por un representante de cada unha das seguintes librería: Couceiro e Pedreira de Compostela, Escolma do Carballiño, Miranda de Bueu e Paz de Pontevedra.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Os mellores relatos sobre o tempo terán premio