R entregará o premio á mellor curtametraxe galega este sábado


O FICBUEU pechará a súa duodécima edición este sábado despois dunha intensa semana de cine, música e cultura. Na derradeira xornada do festival darase a coñecer o título da mellor curtametraxe galega, así como o nome do creador. As finalistas son as pezas desenvolvidas en Galicia e/ou por directores galegos nos dous últimos anos. Nesta edición, o xurado deberá decidir entre as seguintes creacións audiovisuais de metraxe curta: Cando mamá pechou as caixas, de Artanxa Brandón; Soy una tumba, de Khris Cembe; Marusía, de Pedro Sancho; Homomaquia, de David Fidalgo; La noche, de Martín Romero e 16 de decembro, de Álvaro Gago. O galardón virá da man de R durante a gala de clausura do festival, o sábado 14 no Centro Social do Mar de Bueu. O apoio do operador galego, patrocinador do premio, «é moi importante para que o FICBUEU poida levar a cabo esta programación, que axuda a fortalecer a industria audiovisual e o talento galego», sostén o director do festival, Manuel Pena.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Tags
Comentarios

R entregará o premio á mellor curtametraxe galega este sábado