O verán escénico arranca con A Tropa de Trapo

BUEU

10 jul 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

Coa posta en escea onte de Antía, Wamba e o regato pequeno a cargo de A Tropa de Trapo arrancou o verán escénico de Bueu. Deste xeito, o Bueu Espazo Escénico que promove a concellería de Cultura en colaboración do Pontegal da Deputación «traerá os martes de xullo e agosto aos espazos públicos da vila teatro para a cativada e as súas familias», destacou o concelleiro Xosé Leal.

Neste mesmo eido, os mércores do mes de xullo estarán adicados ao cinema coa proxección de coñecidos títulos cinematográficos na praza Massó. Esta noite, a partir das 22.30 horas, Los Vengadores: Infinity war inaugurara esta iniciativa, na que tamén proxectaranse curtas do FicBueu.