Estudantes de Bueu, contra as fake news

O alumnado participará nun proxecto educativo para crear «contidos para contra-restar as fake news, a xenofobia e o racismo na sociedade»


Bueu / La Voz

As fake news ou novas falsas están consideradas como un dos principais problemas que agochan as redes sociales e, de feito, en moitas ocasión terminaron por converterse en armas electorais. Con iste trasfondo, estudantes do instituto Lila de Ons, de Bueu, tomaran parte en Silleda «nun hackaton contra as fake news e o discurso de odio». Trátase dunha experiencia na que tamén tomarán parte rapaces de Viana do Bolo, Milladoiro, Vilagarcía ou a propia Silleda.

Ao longo da xornada, os alumnos poderán amosar o seu traballo creativo conxunto no marco do EpdLab, «un proxecto de innovación educativa que ven desenvolvendo a Asociación Galega de Reporteiros Solidarios (Agareso) dende 2015 en centros de toda Galicia e que traballa temática social a través de ferramentas da comunicación dixital como os memes, os gifs, o stop motion, os microvídeos dende o móbil ou a contrapublicidade», incidiron ao respecto.

Deste xeito, intentarán por medio da colaboración atopar solucións a ambas problemáticas nun corto espazo de tempo. De feito, o termo hackaton «provén da mestura das palabras “hacker” e “maratón” e, normalmente, vinculase ao ámbito da informática, aínda que dende hai un tempo o uso da palabra expandiuse a outros eidos». Neste caso concreto, o obxectivo é elaborar memes, gifs, fotos, microvídeos ou pequenas pílulas de vídeo moi coñecidas e recoñecibles, pero con dobraxes alternativas ás orixinais para «contrarrestar o discurso do odio contra as persoas migrantes».

O material elaborado podera ser empregado, posteriormente, por aqueles usuarios de redes sociales cando atopen ese tipo de contidos nas redes sociais e nos medios de comunicación. En definitiva, trátase de elaborar «contidos para contra-restar as fake news, a xenofobia e o racismo na sociedade, nos medios e nas redes e contidos a favor dunha sociedade máis acolledora coas persoas migrantes e refuxiadas».

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Estudantes de Bueu, contra as fake news