«Todos temos algo de actor e cando se vence a timidez se descobren enormes talentos»

Alfonso Zarauza e os responsables da rodaxe da película en Ons queren contar coa participación veciñal da illa e de Bueu


pontevedra / la voz

Alfonso Zarauza (Santiago, 1973) será o responsable de rodar unha película de ficción na illa de Ons, seguindo un guion elaborado por el e a donostiarra Jaione Camborda. A produción corre a cargo de Maruxiña Film Company, que realizou un cásting o pasado venres en Bueu entre os aspirantes a actores secundarios e figurantes.

-¿Que segredos se poden contar desta película e do cásting que tivo lugar o venres?

-Pois, estamos moi ilusionados con esta película, que vai ter lugar toda na illa de Ons. Decidimos facer o cásting en Bueu porque esta vila ten una relación moi especial coa illa, porque moitos dos seus habitantes son antigos veciños de Ons ou teñen vínculos ou casas. Era algo perfectamente natural facelo alí. Na procura de tres personaxes que nos faltan do reparto da película. Trátase dunha neniña de oito anos aproximadamente, pero que tamén pode ser de nove, sete ou incluso seis. O ideal serían sete ou oito anos. Tamén unha señora maior de máis de 75 anos, pero que pode ter setenta ou oitenta anos, pero que parece unha señora maior. E logo homes de entre corenta e sesenta anos, de rostros curtidos. Estes serían os personaxes que buscamos. E logo xente de todo tipo, para facer figuración, todos os que queiran, entre os que acudiron ao cásting.

-¿Como se fai un cásting?

-Para participar, o único que fixo falta foi presentarse no Centro Social do Mar, con boa actitude e con todas as gañas e logo xa falamos con eles e xa buscamos nós. Fixemos algunha probiña, pero sen nervios, porque isto é para pasalo ben e un momento entretido e ver como funciona isto do mundo dos cástings. O único que hai que facer nestas ocasións é vir con gañas e con paciencia.

-¿Hai que saber de interpretación?

-Non exactamente. Todo o mundo ten algo de actor dentro, todos temos algo dentro. Hai xente que é tímida, pero cando vencen a súa timidez, de repente se descobren enormes talentos, xente que destaca pola súa fisionomía, pola súa voz. Todo o mundo pode ter algo dentro sen que nin sequera a persoa o saiba.

-Entendo que vostedes tamén están abertos cando se fai un cásting, a ver que é o que se pode atopar.

-Si, si. Nós temos un reparto de actores profesionais, pero temos determinados papeis que sempre me gusta buscar. Trátase de actores non profesionais, sacalos da realidade para darlle verdade á película nese sentido.

-¿E de que tempo teñen que dispoñer estas persoas? Porque ao mellor hai moitos que din ‘eu ao mellor iría, pero se traballo, no sei canto tempo necesito’. ¿Cánto tempo se necesita para a rodaxe?

-Estamos agora organizando, porque é unha tolería rodar nunha illa. Imos facelo entre o 4 de marzo e practicamente ata Semana Santa, a finais de abril. Nese tempo terán uns días concretos, que lle dirá a xente do equipo. Algo como tal día e tal día, non van ser máis de dous ou tres días. Todo depende do personaxe e doutros factores. Iso se falaría a posteriori, pero en principio non sería moitísimo tempo.

-¿Que historia nos van contar nesta película sobre Ons?

-Non se pode desvelar moito porque aínda imos a rodala e podería ser algo prematuro. Poderíamos dicir que é una película que fala da vida e dos habitantes de Ons dende a ficción, porque non nos rexemos pola realidade, pero si nos inspirar nela. É unha película que ten certo misterio, que se converte nun certo thriller, porque é unha parella que chega a illa a pasar o verán e namóranse de Ons e deciden quedar para pasar parte do inverno, onde deixa de ser un paraíso para converterse nalgo moito máis agreste, unha illa cun clima moito máis duro. Entón empezan a ocorrer unha serie de acontecementos que a converten nunha película case de misterio.

-Como curiosidade. Para os veciños de Bueu e os visitantes en Ons hai personaxes, por exemplo como Cesáreo, que eles mesmos son xa case coma un mito.

-Eu querería entre os veciños, concretamente que Cesáreo que tivera un personaxe na película. E logo vai haber personaxes na ficción que se parecen ou se asemellan a eles, pero desde unha certa distancia, porque non teñen nada que ver coa realidade. Trátase de personaxes totalmente ficcionados. Pero a min, a Cesáreo si que me gustaría telo na película. Teño que falalo con el. Xa o fixeramos hai dous anos nun verán, no que eu xa estaba por alí, inspirándome na illa. Teño moitas gañas de volver a falar con el e ver se lle apetece.

-Eu tiven a oportunidade de facer unha reportaxe en inverno en Ons e a verdade é que teño moitas gañas de ver a película, porque as paisaxes son moi impresionantes e vida desas persoas, incluso sometidas a cortes de luz, é poderosamente chamativa.

-Pois si, e volveremos falar durante o rodaxe.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos
Comentarios

«Todos temos algo de actor e cando se vence a timidez se descobren enormes talentos»