O Salón do Libro pontevedrés pechou as portas tras recibir máis de 32.000 visitas 

María Hermida
MARÍA HERMIDA PONTEVEDRA / LA VOZ PONTEVEDRA / LA VOZ VILAGARCÍA / LA VOZ

BUEU

Na última xornada tirouse un muro que os rapaces levantaran con caixas de cartón axudados polo arquitecto Román Corbato

03 abr 2017 . Actualizado a las 05:10 h.

Balance xigantesco do Salón do Libro de Pontevedra. A organización sinalou onte que pasaron polo certame nesta edición máis de 32.000 persoas e que un total de 16.000 foron escolares. Destacouse tamén o feito de que aumentaron os centros que participaron cos seus traballos no Salón. Esta vez foron 50.

A clausura do Salón estivo onte cargada de simbolismo. Houbo unha homenaxe a Ledicia Costas e a Ramón Nicolás pola súa inclusión na última lista de honra IBBY Galix. Igualmente, no Pazo da Cultura tivo lugar un acto ben especial. Os nenos derrubaron un muro de caixas de cartón que foran facendo durante o transcurso do Salón da man do arquitecto Román Corbato.