O Camiño leva hoxe á familia dos Bolechas a Barro e Caldas

Da man do programa FalaRedes presentan o espectáculo «De Chispa a Tatá» para nenos de 4 a 10 anos


O FalaRedes, programa que impulsa a Xunta de Galicia, por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, nos concellos que forman parte da Rede de Dinamización Lingüística (RDL), fará parada este sábado nos municipios de Barro e Caldas de Reis. Os protagonistas serán Os Bolechas, os personaxes máis coñecidos pola rapazada galega, que nesta ocasión traen unha nova actividade que leva por nome De Chispa a Tatá. Imos de Moraña a Zas. As 12 horas, estarán na Nave da Música de Barro e as 19 horas no Auditorio de Caldas.

Tatá, Sonia, Braulio, Loli, Pili e Carlos están facendo o Camiño de Santiago e paran na pousada de Eustaquio acompañados do seu can Chispa.

Eustaquio acepta darlles aloxamento a cambio de que xoguen con el a un peculiar xogo da oca que os obrigará a superar, coa axuda do público, diferentes probas de habilidade física e de coñecementos culturais sobre Galicia adaptados a rapaces de 4 a 10 anos. Cultura, xeografía, gastronomía, tradicións… todo terá cabida nesta divertida iniciativa para que os nenos e nenas aprendan e se divirtan en galego, a lingua que sempre falan Os Bolechas.

A participación non se limita ao día do espectáculo, senón que ten continuidade a través das novas tecnoloxías. Durante a actividade, o público coñecerá unha palabra máxica que lle permitirá acceder ao web osbolechas.gal/dechispaatata para seguir xogando e aprendendo e mais para conseguir ata 20 lotes dos seus libros.

Os Bolechas estarán mañá, domingo, en Castro Caldelas e despois visitarán Triacastela, Quiroga, Rianxo, Pazos de Borbén, A Bola, Frades, Padrón, Negreira, Santa Comba, Arteixo, Zas, Mos, Bueu, Ordes e Xove.

Vive Camino

Toda la información sobre el Camino de Santiago en Vive Camino

Votación
0 votos
Comentarios

O Camiño leva hoxe á familia dos Bolechas a Barro e Caldas