Moraña e A Lama, próximas paradas do Musigal 2019

A LAMA

16 jul 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

Tralo espectáculo de Amantes da Terra en Marín, o programa Musigal 2019 recalará en próximas datas noutros dous concellos da contorna de Pontevedra. Deste xeito, el grupo A Roda actuará o vindeiro sábado, 20 de xullo, en A Lama, mentres que o gaiteiro Óscar Ibáñez ao fronte do seu grupo Óscar Ibáñez e Tribo recalará en Moraña o 28 de xullo despois de facer máis de douscentos concertos en toda España, Gran Bretaña e Italia.

Pola súa banda, A Roda é «un grupo de música tradicional galega que naceu en 1976 entre un grupo de amigos que adoitaban cantar nas tabernas», resaltaron dende a Deputación de Pontevedra, impulsora do programa Musigal 2019.