A superventas Alice Kellen pecha dende a Deputación o Encontro Pontevedra Literaria

Alfredo López Penide
L. Penide PONTEVEDRA / LA VOZ

PONTEVEDRA

Imaxe recente de Alice Kellen
Imaxe recente de Alice Kellen JAVIER OCAÑA

Silvia Hervás afondará «no proceso de creación de historias capaces de atravesar as páxinas e conectar co público novo»

02 oct 2026 . Actualizado a las 05:00 h.

Trala xornada inaugural deste xoves do terceiro Encontro Pontevedra Literaria. Xuventude e Artes, que se desenvolve na Deputación de Pontevedra baixo o lema Voces que chegan e que tivo como protagonista ao Marcos Giralt Torrente, quen amosou a súa mirada de escritor e reflexionou sobre o proceso creativo, esta tarde tomará o relevo Alice Kellen, pseudónimo de Silvia Hervás. Con Historias que nos conectan, afondará, a partires das 19.30 horas, «no proceso de creación de historias capaces de atravesar as páxinas e conectar co público novo», destacaron dende a Deputación.

Rafa Domínguez, vicepresidente de la Diputación de Pontevedra, y el escritor Marcos Giralt
Rafa Domínguez, vicepresidente de la Diputación de Pontevedra, y el escritor Marcos Giralt DIPUTACIÓN DE PONTEVEDRA

A autora valenciana leva publicadas dezaseis novelas, a última El Club del Olvido este mesmo ano, das que algunhas delas xa deu o salto ás pantallas. Entre a súa produción literaria destacan títulos como Nosotros en la luna, El mapa de los anhelos, La teoría de los archipiélagos, Donde todo brilla, Quedará el amor e Sigue lloviendo, novelas que «fascinaron a máis de tres millóns de persoas», engadiron recordando que están esgotadas as prazas para asistir a esta segunda sesión dun ciclo que «naceu para dar resposta ao crecente interese da mocidade pola creación literaria e artística».