A Pereka revalida o título galego e conquista a Copa Mörling de dornas

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

PONTEVEDRA

Imagen de la última regata de la temporada
Imagen de la última regata de la temporada

A competición, organizada por Culturmar, percorreu Portonovo, Cambados, A Illa de Arousa, O Grove e Combarro

24 ago 2026 . Actualizado a las 05:00 h.

A dorna Pereka, tripulada por José Dorado e Alberto Vicente, Chica, proclamouse novamente campioa galega e conquistou a súa quinta Copa Mörling tras gañar este sábado a Regata da Reiboa, en Combarro. A última proba do campionato estivo marcada pola falta inicial de vento, que obrigou a atrasar a saída, e por un vento sur-suroeste con refachos de até 18 nós durante o percorrido. Tras unha primeira volta moi igualada entre Combarro, a illa de Tambo e Campelo, a Pereka conseguiu abrir distancia sobre a Jalerna, tripulada por Ricardo e Manuel Dios, e acabou vencendo con autoridade. A embarcación dos Dorneiros Regateiros de Cambados foi segunda na clasificación xeral, mentres que a Nécora, de Braulio García e Adelino Santamaría, tamén dos Dorneiros Regateiros, completou o podio. A Copa Mörling, organizada por Culturmar, percorreu Portonovo, Cambados, A Illa de Arousa, O Grove e Combarro. Un total de 39 dornas participaron nesta quinta edición. Durante a clausura, a presidenta de Portos de Galicia, Natalia Botana, destacou o valor destas regatas como vínculo entre a náutica deportiva e a tradición mariñeira galega. Pola súa banda, Culturmar reivindicou as dornas como «símbolo vivo da nosa identidade» e reclamou apoio para garantir o futuro da navegación tradicional.