4 millóns destinados a instalacións de enerxía solar fotovoltaica que suporán un aforro anual de 650.000 euros

EVA MEJUTO PONTEVEDRA / LA VOZ

PONTEVEDRA

Luis López na conferencia do venres da Deputación de Pontevedra
Luis López na conferencia do venres da Deputación de Pontevedra DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA

10,2 millóns de axudas totais aprobadas pola Deputación de Pontevedra

25 jul 2026 . Actualizado a las 13:49 h.

Luis López, presidente da Deputación de Pontevedra, convocou este venres unha conferencia sobre as cuestións aprobadas na Xunta de Goberno. Unha inversión de 10,2 millóns de euros en asuntos coma o patrimonio marítimo fluvial, a dinamización da lingua galega, a próxima edición dos campamentos de A Lanzada para o ano 2027 ou axudas en infraestrutura e deportes.

De forma previa a conferencia, aprobaron os proxectos para a instalación e posta en funcionamiento de paneis solares cun orzamento total de 4 millóns de euros. A posta en marcha das instalacións de enerxía solar fotovoltaica en distintas instalacións deportivas, forma parte do programa +Renovables. Dentro das cuestións aprobadas pola Deputación, estas medidas de eficiencia enerxética supoñen un aforro anual de 650.000 euros na provincia. Esta medida é posible en colaboración con 37 concellos da provincia, e cunha inversión de 2,7 millóns do Instituto para la Diversificación y Ahorro de la Energía (IDAE). Ademais de toda a reducción de emisións de CO2 que vai conlevar, é un impulso de medidas de eficiencia enerxética.

 

Patrimonio e cultura

En canto ao patrimonio e a cultura, 90.000 euros serán destinados a manter o valor marítimo fluvial. 15 colectivos empregarán estes recursos en proxectos de restauración, rehabilitación, mantemento de embarcacións e na adquisición de equipamento. As inversións moveranse entre os 1.800 e os 7.800 euros.

A través de xornadas, obradoiros e certames literarios fomentarase con 150.000 euros a dinamización da lingua galega. Dirixido aos nenos, destaca a programación de campamentos de A Lanzada 2027 ascenderá a 470.000 euros. Os campamentos están pensados para nenos e nenas nados entre 2014 y 2019, haberá un total de 11 quendas de 7 días e 1.540 prazas. 210 das prazas estarán reservadas para nenos en risco de exclusión social. «Un dos nosos programas máis consolidados», defendía Luis López.

Outra das accións de Goberno será invertir 650.000 euros en 16 concellos, para que 33 entidades sociais poidan adquirir ou adaptar vehículos para a súa actividade. As axudas distribuiranse dende 7.600 hasta 25.000 euros, e permitirán executar traballos para transporte de usuarios da entidade ou mercancías, explicaba o presidente da Deputación.

 

Investimento en infraestruturas

As estradas provinciais se mellorarán con 2,1 millóns ao seu paso polo núcleo Cercio de Lalín, preto de Peinador Loureiro en Mos e en dous recorridos de Valga. O presidente Luis López explicou que a institución provincial financia o 70% da actuación, mentres que o Concello asume o 30% restante.

A Deputación tamén aprobou preto de 500.000 euros do o programa +Provincia para financiar actuacións nos concellos de Cuntis, A Lama e Marín.

Luis López concluíu a conferencia posterior a Xunta de Goberno coa aprobación do proxecto de humanización de Hortas Reais en Baiona. Dentro do proxecto de PAI Val Miñor, un treito de 430 metros dedicado aos peons cunha plataforma única completa as accións de goberno aprobadas pola Deputación.

«Se benefician as entidades deportivas desta provincia, que é a provincia do deporte»

O presidente da Deputación denominou Pontevedra coma «a provincia do deporte», tras falar sobre as novas liñas de axuda relacionadas co deporte, das cales «se benefician as entidades deportivas desta provincia». A iniciativa Prodeporte e o pavillón de Campo Lameiro son as accións deportivas aprobadas na Xunta de Goberno.

A iniciativa Prodeporte é un plan para que os clubes deportivos da provincia poidan afrontar os seus investimentos. O programa conta cuns 1,8 millóns totais. Cada entidade deportiva poderá recibir entre 5.000 e 15.000 euros. Esta última é a cuantía máxima para a execución de obras nas infraestruturas. A adquisición de equipamentos rondará entre os 1.000 e os 5.000 euros. En concreto, grazas a estas achegas os clubs poderán financiar gastos derivados das obras de mellora ou de nova construción, dos equipamentos e e dos espazos.

O prazo de presentación das solicitudes de subvencións que se acollan a este programa comezará o día seguinte ao da publicación das bases e rematará o 30 de setembro de 2026.

Por outra banda, 85.000 euros serán destinados para o municipio de Campo Lameiro, para a mellora do seu pavillón municipal. O obxectivo deste proxecto é mellorar a eficiencia enerxética, a ventilación e a seguridade da pista do pavillón mediante a renovación total da súa cuberta e fachadas con materiais illantes. A luz será natural, buscando reducir o consumo eléctrico.