A perda da toponimia centra en Pontevedra a vindeira Xornada de Onomástica Galega
PONTEVEDRA
A cita será o vindeiro 10 de outubro no Edificio Castelao
15 jul 2026 . Actualizado a las 05:00 h.A Xornada de Onomástica Galega, que o vindeiro 10 de outubro alcanzará a súa once edición, desenvolverase no Edificio Castelao baixo o título de Onomástica e ecoloxía. Nesta ocasión, centrarase «na perda da toponimia pola transformación do territorio derivada da interacción co ser humano, desde a provocada por industrias como as extractivas aos cambios na organización administrativa».
«Cando poñemos en relación ecoloxía e onomástica, facémolo desde unha perspectiva dupla: a perda da toponimia, entendida como un ecosistema en perigo, e as consecuencias que sofren os nomes de lugar pola transformación do territorio derivada da interacción do ser humano. En realidade, é esa mesma interacción a que produce a toponimia, mais neste tempos a aceleración da destrución do medio natural implica tamén a destrución dos propios nomes de lugar», expuxo a académica Ana Boullón.
A inscrición para este encontro, organizado pola Real Academia Galega coa colaboración da Deputación e o Museo de Pontevedra, e libre e gratuíta a través da RAG.