Dunha becerrada como prolegómeno á feira taurina de Pontevedra a un campionato de hamburguesas

Alfredo López Penide
L. Penide PONTEVEDRA / LA VOZ

PONTEVEDRA

OS TRAZANTES DE TENORIO

A comarca de Pontevedra oferta distintas alternativas de ocio e lecer este 4 de xullo

04 jul 2026 . Actualizado a las 05:00 h.

Ademais de sol e praia, a comarca de Pontevedra oferta distintas alternativas de ocio.

Ramón Leiro
 

Pontevedra

Hoxe • 18.00 horas • Praza de Touros • Como prolegómeno á feira taurina da Peregrina, a Coordinadora de Peñas impulsa esta tarde unha becerrada popular en Pontevedra. Só se pode asistir con invitación e a entrada está prohibida a menores de 12 anos.

 

Ponte Caldelas

Hoxe • 20.30 horas • Espazo Cuve • Elsa Muñiz continúa impulsando a proxección de Pianotelling, o seu singular formato escénico, cun concerto en Ponte Caldelas como antesala dun dos momentos máis importantes da súa carreira: a súa participación no Latin Alternative Music Conference (LAMC) 2026, que se celebrará en Nova York do 28 de xullo ao 1 de agosto.

CONCELLO DE MARÍN
 

Marín

Hoxe • 12.00 horas • Praza de España • Continúa a Concentración Moteira cunha exhibición de vespinos e derbis (16.00 h.), unha ruta mototurística (18.00 h.), unha exhibición por parte de Cuadrado Stunt (20.30 h.) e unha ruta nocturna con antorchas e unha sesión por Dj Rubén Díaz dende a medianoite.

CONCELLO DE CERDEDO-COTOBADE
 

Cerdedo-Cotobade

Hoxe • 14.00 horas • Loureiro • As festas na honra a Santa Isabel de Loureiro comezarán cunha sesión vermú con Os Afoutes do Canón de Pau para, de seguido, desenvolverse un xantar popular con servizo de pulpeiro, empanadas, empanadillas e callos. A programación continuará ás 16.30 horas coa discoteca móbil Dolce Vita.

CONCELLO DE BUEU
 

Bueu

Hoxe • 11.00 horas • Eirado de Cela • Tras a apertura do recinto, está previsto que Santiago Bolíbar Piñeiro, militar profesor na Escola Naval de Marín e comandante do Juan Sebastián Elcano na que foi a décima volta ao mundo do buque, se encargue de ler o pregón da XX Festa do Viño Tinta Femia. Xa pola noite, ás 21.00 horas, actuación do grupo Cantadela de Meiro.

THE BURGER CUP
 

Sanxenxo

Día • 19.00 horas • Polígono de Nantes • Como prolegómeno do Costa Feira, ata o domingo desenvolvese o campionato itinerante de hamburguesas The Burger Cup.

RÍO VERBENA FEST
 

Sanxenxo

Hoxe • 20.30 horas • Praza Fonte de Ramos • A vila turística acolle o Oceanis Festival 2026 coas actuacións de Michenlo, Groove Amigos, Gainza, Rubén Rey e Aitor Alfonsín.

DIPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
 

Cerdedo-Cotobade

Hoxe • 20.00 horas • Tenorio • A quince Mostra e Festival Folclórico dos Trazantes de Tenorio, que terá lugar no adro da festa, contará con esta agrupación e coa asturiana L’esperteyu. Ao seu término, concerto do grupo Tanto Nos Ten.