Bule, Malkeda, Balkan Bomba ou Noite Fechada, na segunda xornada do Armadiña Rock de Combarro

Alfredo López Penide
L. Penide POIO / LA VOZ

PONTEVEDRA

Noite Fechada amenizarán a sesión vermú
Noite Fechada amenizarán a sesión vermú

Ademais, os máis pequenos poderán gozar dun obradoiro de ecopercusión e cunha obra de Migallas Teatro

04 jul 2026 . Actualizado a las 05:00 h.

Concluída a xornada inaugural do Armadiña Rock de Combarro, este sábado chega pragado de boa música e distintas actividades. Así, ademais de continuar o Concurso de Decoración Labregra e Mariñeira, ás 11.30 horas a Escola do Campo acollerá un taller de Ecopercusión para crianzas, mentres que, a partires das 13.00 horas, Noite Fechada amenizará a sesión vermú na praza da Rualeira, espazo acollerá unha sesión de tardeo con Malkeda e El 4º Sentido.

Ás 17.30 horas, nova sesión do Armadiña Crianzas da man de Migallas Teatra e o seu especáculo Festa na praza de San Roque, mentres que a praza de Chousa acollerá o concerto infantil Terapia Kids ás 19.30 horas. Entre medias, pasarrúas en dorna e polo casco histórico coas Pandeireteiras do Ronsel e Armadiña.

En canto aos concertos, estes comezarán ás 20.30 horas con Bule, Abaixo Cu Sistema, A Duendeneta, Monoulious Dop, Balkan Bomba e Collón de Lola.