A Festa dos Libros recollerá 13 librarías e volverá contar coa editorial Kalandraka

evA MEJUTO PONTEVEDRA / LA VOZ

PONTEVEDRA

O concelleiro de Cultura, Demetrio Gómez, con algúns dos organizadores da Festa dos Libros de Pontevedra
O concelleiro de Cultura, Demetrio Gómez, con algúns dos organizadores da Festa dos Libros de Pontevedra concello de pontevedra

Unha fin de semana que estará chea de mesas redondas, presentacións de libros e ata un vermú literario nesta nova edición da actividade en Pontevedra

20 jun 2026 . Actualizado a las 05:00 h.

Do venres 3 ao domingo 5 de xullo, a Praza da Ferraría recollerá trece librarías da cidade e volverá contar por terceiro ano consecutivo coa editorial pontevedresa Kalandraka, que contará cun espacio propio no que exhibir as súas publicacións. Dentros das librarías encóntranse Aviones de Papel; Clip; D-Lectum; El Naranjo; El Pueblo; Espazo Lector Nobel; La Nube de Papel; Libraría Paz; Librería Escolma: Librería Metáfora; Librería Seijas; Librería Cronopios; e Mononoke Manga. «Máis que festa dos libros, pois case parece a festa das librarías, porque de verdade, debe ser, creo que a cidade galega con máis librarías por habitante», explicaba Demetrio Gómez, o concelleiro de Festas, este venres na presentación da actividade organizada polo Concello de Pontevedra.

Ademais de libros e librarías, o evento reunirá máis dun cento de autores e autoras que participarán no programa de actividades. Manuel Rivas, Manuel Jabois, María Oruña ou Elvira Mínguez son algúns dos coñecidos que acudirán a faladoiros e encontros cos lectores. Tamén aparecerán profesionais do ámbito editorial e cultural que complementarán o programa de actividades destinados a fomentar a lectura e a paixón polos libros. A Festa dos Libros incluirá toda a fin de semana sinaturas de exemplares e actividades complementarias coma un roteiro literario, o Cafeciño & Draw e unha observación solar.

Dentro da programación, o venres destaca a conversa entre

Manuel Rivas e o xornalista Ramón Rozas. Mentres que o sábado destacan as voces de Manel Loureiro e Manuel Jabois. Para rematar estas xornadas, o domingo celebrarase o tradicional vermú Literario de Pinto e Maragota, arredor da obra As esquinas de Miguel Calvo Marques.

A carpa permanecerá aberta ao público tanto o venres coma o sábado de 11.00 a 14.00 pola mañá, e de 18.00 a 22.30 pola tarde. O domingo rematará as 22.00, mantendo o resto de horas. Unhas xornadas abertas para os amantes da literatura.