Pontevedra clausura o Congreso Veterinario do Noroeste

PONTEVEDRA

MIGUEL PUEBLA

A 13 edición do Congreso Veterinario do Noroeste (Vet-Noroeste) clausurase este sábado no Pazo de Congresos de Pontevedra consolidado como unha cita ineludible no calendario formativo da profesión. O encontro reúne a profesionais de toda Galicia, do norte da península e de Portugal, de tal xeito que se estima que acudirán uns douscentos veterinarios e entre cincuenta e sesenta persoas a maiores pertencentes aos catorce patrocinadores comerciais e persoal técnico.

MIGUEL PUEBLA

O programa deste sábado no que atinxe aos veterinarios inclúe nove charlas impartidas por distintos relatores que afondan en cuestións como o mastocitoma canino, a oncoloxía cirúrxica, erros habituais en radioloxía de pequenos animais...

Ademais, desenvolverase un congreso específico para auxiliares de veterinaria, que contará con talleres prácticos sobre colocación de sondas e fluídos impartidos por María Temo, especialista en urxencias e coidados intensivos.

¿Quieres contactar con el periodista que firma esta noticia? Escribe a alfredo.lopez@lavoz.es