Entre as 12.00 e as 20.00 horas, a Alameda de Pontevedra acollerá unha exposición estática organizada con motivo do sesenta aniversario da Brigada Galicia VII (Brilat). Nas últimas datas tivo lugar na sede da Subdelegación do Goberno unha reunión de coordinación onde se abordaron os aspectos organizativos e de seguridade para o correcto desenvolvemento desta actividade aberta á cidadanía.
A este respecto, dende a Subdelegación destacaron o feito de que está mostra permitirá coñecer de preto os medios e capacidades da Brilat a través dos seus distintos vehículos, tendas modulares e outros recursos, así como adentrarse nas súas diferentes unidades, nunha actividade dirixida tanto ao público infantil como adulto.
¿Quieres contactar con el periodista que firma esta noticia? Escribe a alfredo.lopez@lavoz.es