Ramón Villares disertará sobre o Estatuto do 36 no Museo
03 jun 2026 . Actualizado a las 05:00 h.A programación cultural deste mércores en Pontevedra e a súa contorna é moi variada.
Mesa redonda
Hoxe • 19.30 horas • Cáritas Interparroquial • Continuando coa programación previa á celebración do Corpus Christi, desenvolverase a mesa redonda Yo te he amado. La Caridad de la Iglesia en Pontevedra, na que participarán representantes de Cáritas, Manos Unidas e do comedor de San Francisco.
Poio
Hoxe • 16.30 horas • Casa Rosada • O programa Mareas do Coñecemento regresa a Poio coa actividade Pilates sénior, que inclúe unha sesión teórico-práctica con exercicio terapéutico específico para persoas maiores.
Conferencia
Hoxe • 19.00 horas • Edificio Castelao • O Ateneo de Pontevedra e o Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico da Deputación de Pontevedra organizan o relatorio Estatuto do 36. Referente político e «lugar de memoria» a cargo do historiador Ramón Villares dentro do ciclo 90 anos do Estatuto.
¿Quieres contactar con el periodista que firma esta noticia? Escribe a alfredo.lopez@lavoz.es