«Sete Falares» reúne en Pontevedra voces chegadas de Galiza, Madrid, Cuba, Brasil e Portugal
PONTEVEDRA
A obra de teatro «Apaga o candil», o único espectáculo de pago, inaugurará o Encontro Internacional de Contadores de Historias
02 jun 2026 . Actualizado a las 05:00 h.Acompañado de Tareixa Alonso e Xacobe Rodríguez de Pavís Pavós, o edil de Cultura Demetrio Gómez presentou unha nova edición de Sete Falares, que se desenvolverá do 7 ao 14 de xuño. Nesta ocasión, o Encontro Internacional de Contadores de Historias empregará novos espazos da cidade que se transformarán en escenario para voces chegadas de distintos puntos de Galiza, Cuba, Brasil ou Portugal, entre outros lugares. «Esta edición será especialmente rica en matices lingüísticos, grazas aos diferentes sotaques do galego, do portugués e do español que traerán os relatores convidados», remarcou Gómez.
Sete Falares contará coa participación de destacados narradores como Benita Prieto, de Brasil, Aldo Méndez, de Cuba e Valter Peres, de Portugal. Estas voces internacionais compartirán programación con artistas galegos, caso de Ángeles Goás, Cris de Caldas e Celso F. Sanmartín, amais do colectivo madrileño Borrón y cuento nuevo.
Alonso precisou que o festival botará a andar o 7 de xuño no Pazo da Cultura coa peza teatral, Apaga o candil, da compañía galega Contraproducións. «É o único espectáculo de pago de todo o programa», precisou sinalando que «o teatro é outra artes escénica na que a fala ten unha relevancia moi importante, pero non o fixemos por iso, senón porque esta obra vai sobre a vida de Carlos Díaz, o Xestal, un humorista, contador de historias».
¿Quieres contactar con el periodista que firma esta noticia? Escribe a alfredo.lopez@lavoz.es