Pontevedra vive unha nova xornada de presentacións literarias en Metáfora, Paz e Nasantiña
PONTEVEDRA
«Os nomes íntimos», «Señoras en bicicleta» e «Lo tengo en vinilo», as propostas literarias que se darán a coñecer
30 may 2026 . Actualizado a las 05:05 h.Sábado literario o deste 30 de maio ao coincidir tres presentacións literarias nunha mesma xornada.
Romperán o fogo Lucía Aldao e Samuel Merino na libraría Metáfora coa presentación de Os nomes íntimos no transcurso dun comfort show, «un encontro de poesía escénica e música que foxe de calquera distancia para abrazar a autenticidade». Deste xeito, Samuel e Lucía compartirán «as súas propias feridas e vitorias para convidar ás persoas asistentes a un diálogo aberto».
Á mesma hora, mais na libraría Paz, as escritoras e xornalistas Ana Bulnes, Raquel C. Pico e María Ramos dan a coñecer Señoras en bicicleta, unha crónica dos primeiros anos da invención da bicicleta e de como evolucionou a relación das mulleres coas elas desde entón.
Xa pola tarde, ás 20.30 horas, Óscar Avendaño, o que fora baixista de Siniestro Total, protagoniza a segunda sesión do @clube_disco_pontevedra na Nasantiña presentando Lo tengo en vinilo. Ademais pincharanse algunhas das cancións dos seus discos favoritos.
¿Quieres contactar con el periodista que firma esta noticia? Escribe a alfredo.lopez@lavoz.es