A Deputación de Pontevedra apoia o festival Troita Folk desta fin de semana en Ponte Caldelas
PONTEVEDRA
O festival terá lugar na Alameda de Ponte Caldelas e esta organizado polos Coribantes de Buchabade
28 may 2026 . Actualizado a las 05:00 h.Esta fin de semana desenvolverase unha nova edición, a número cincuenta e oito, da Festa da Troita de Ponte Caldelas. No marco desta cita gastronómica, a Deputación de Pontevedra apoia a programación do que será o quinto Troita Folk, festival de música folclórica que terá lugar tanto o sábado coma o domingo está organizado polos Coribantes de Buchabade, «reforzando, deste xeito, a colaboración que a institución provincial vén prestando a este colectivo nos últimos anos», precisaron.
O deputado de Cultura, Jorge Cubela, destacou que, a través do Culturea, se financian as actuacións do Grupo de Danzas Pais de San Roque e As Falcatrueiras, ambas as dúas de Cangas, así como a do grupo O Carballo das Cen Pólas, de Reborela (Redondela), e a de Pataghulhos, de Moaña, cunha axuda que supera os mil euros. O Troita Folk terá lugar na Alameda de Ponte Caldelas os dous días a partir das 19.00 horas.
O deputado tamén lembrou que a Deputación colabora todos os anos coa agrupación poñendo á súa disposición o auditorio do Príncipe Felipe para o seu concerto solidario a favor de Manos Unidas. Ademais, precisou que a institución provincial involucrouse especialmente na celebración do seu vixésimo aniversario no 2025, destacando a súa posición como entidade referente na comarca de Pontevedra especialmente polo seu traballo innovador en mestizaxe musical ou os seus intercambios culturais.
¿Quieres contactar con el periodista que firma esta noticia? Escribe a alfredo.lopez@lavoz.es