Xulia Alonso pecha os Mércores Literarios de maio en Bueu coa súa novela «Futuro imperfecto»
PONTEVEDRA
A escritora estará acompañada pola docente María Elvira
27 may 2026 . Actualizado a las 05:00 h.Nova sesión dos Mércores Literarios que a Libraría Miranda desenvolve na sala multiusos do Centro Social do Mar de Bueu (19.30 h.), neste caso, coa presenza de Xulia Alonso, que ven presentar Futuro imperfecto.
Acompañando a autora, estará María Elvira, mestra de Lingua e Literatura, nun acto no que desvelará detalles dunha obra que atesoura diversos recoñecementos, caso do Premio Losada Diéguez de Creación Literaria, o XVII Premio Arzobispo San Clemente ou o Premio Frei Martín Sarmiento. Publicado orixinalmente en galego no 2010, a versión en castelán deste libro, que viaxa as décadas dos oitenta e noventa cando «moitos mozos descubriron simultaneamente o amor e a droga», saíu no 2025.
En Pontevedra
Non é este o único libro que se presentará na contorna de Pontevedra este mércores de maio. Así, ás 19.30 horas, chegará á sede da Pedreira Begoña Caamaño, unha das nosas no marco dunha conversa entre Lara Rozados e Charo Lopes.