Vilaboa, Marín, Caldas de Reis ou Sanxenxo, entre as localidades onde este venres se desenvolverán actos en homenaxe a Begoña Caamaño
15 may 2026 . Actualizado a las 05:00 h.Como consecuencia de que o Día das Letras Galegas, que este ano está adicado a Begoña Caamaño, recae en domingo moitos concellos da contorna de Pontevedra están adiantando a celebración. Así, no caso de Vilaboa, este venres rematará, a partires das 18.00 horas, na Casa da Cultura de Riomaior a Semana das Letras, mentres que no local social de Figueirido presentarase En casa de John Lennon (16.30 h.) por Mary López.
Tamén pecha a súa programación a Semana Cultural do IES Chan do Monte de Seixo coa proxección, ás 10.40 horas, da curtametraxe Dúas Letras, con dirección de Eloy Varela baixo unha idea orixinal e guión de Fina Casalderrey e música de Óscar Tercero, mentres que, ás 11.30 horas, nova sesión do Ciclo Anime.
Sen saír do Concello de Marín, segunda xornada de Vila de Letras, que estará adicada na Alameda a O thriller e a identidade local. Así, ás 18.00 horas, contacontos de O carballo con botas con Anxo Moure, mentres que, ás 19.00 horas, o marinense David Gago percorrerá con Miguel González os seus dez libros, o último, La morgue flotante, enmarcarse na novela de misterio.
Posteriormente, Pedro Feijoo (21.00 h.) falará co xornalista Ramón Mella sobre a súa traxectoria, onde Galicia serve como inspiración narrativa e do seu traballo máis recente, Donde nacen las bestias, mentres que a música tradicional de Saljariteiros servirá de peche desta xornada.
Caldas e Sanxenxo
Pola súa banda, a Biblioteca de Caldas de Reis aposta por achegar a figura de Begoña Caamaño a través de Begoña Caamaño: a tecedora de historias, proposta de narración oral teatralizada con Rebeca Solla e producida por Suricata Teatro. «Trátase dun contacontos participativo dirixido á infancia que achega a vida e obra da autora dun xeito lúdico e accesible», destacou.
De igual xeito, Sanxenxo celebrará o acto central das Letras Galegas cunha homenaxe a Begoña Caamaño coa xornalista Alba Moledo e no que se entregarán, na Biblioteca Emila Pardo Bazán (20.30 h.), os premios do Concurso Picariños do CCD Sanxenxo.