Alfonso O'Donell, Adrián Porima e José Antonio Gutiérrez, premiados no Festival Cine de Mar
PONTEVEDRA
O certamen rematou este domingo cunha visita á Illa de San Simón
28 abr 2026 . Actualizado a las 09:09 h.Cunha visita á Illa de San Simón, este domingo pechouse a terceira edición do Festival Cine de Mar de Marín. Previamente, o sábado, ademais de desenvolverse un showcooking a cargo do chef Marcos S. Area, do É Restaurante, deuse a coñecer o palmarés deste ano.
Así, no segundo Certame de Fotografía do Mar recibiu o primeiro premio Begoña, de Mónica Vila Ferreirós. mentres que Juan Manuel Hernández López, con Xove foca gris; e Aurora Santomé Dávila, con O vixía, recolleron, respectivamente, o segundo e o terceiro.
No que respecta ao palmarés do festival propiamente dito, na Sección Ensino, o Rodaballo de Ouro (Premio do Xurado á mellor obra audiovisual) foi para Misterio en San Xoán, do CEIP Torre de Hércules, mentres que Tsunami, do CEIP Reibón, recibiu unha Mención Especial do Xurado.
A Sardiña de Ouro (Premio do Xurado ao mellor documental), pola súa banda, recibiuna a A tarea, de Alfonso O’Donnell, e o Rañorte de Ouro (Premio do Xurado ao mellor filme de ficción) recaeu en Nas ondas do tempo, de Adrián Porima. Xa por último, o Polbo de Ouro (Premio do Público á mellor obra audiovisual) foi para Inés, de José Antonio Gutiérrez.