Hoxe arranca unha nova edición do Encontro de Palilleiras coa inauguración dunha exposición
24 abr 2026 . Actualizado a las 05:00 h.Da música de Eladio y Los Seres Queridos á declaración da Renda, múltiples son as propostas de ocio deste ven
Música
Hoxe • 20.30 horas • El Chato • Eladio y Los Seres Queridos protagonizarán un concerto acústica como apertura do Galegote.
Exposición
Hoxe • 20.00 horas • Recinto feiral • Coa inauguración dunha mostra en homenaxe a Mario Galego, veciño do Burgo e antigo profesor en Camariñas que dedicou 35 anos ao estudo e coleccionismo do encaixe, comezará o 18 Encontro de Palilleiras Cidade de Pontevedra.
Música
Hoxe • 20.30 horas • Sala Masterclub • El Hydra Fest regresa en su segunda edición con un cartel en el que están Luis Moro & Tribeca’s Band, Los Suzukas, Dr. Manassas, Gandhi Boxing Club, D.O.D.S. e Myseria.
Educación
Hoxe • 10.00 horas • A Seca • As terceiras Xornadas de Convivencia do Concello de Poio para o alumnado de sexto de primaria do municipio reunirán a preto dun centenar de rapaces. Durante tres horas tomarán parte nunha megaxincana que inclúe retos, xogos e actividades grupais e cooperativas.
Gastronomía
Hoxe • Consultar • Portas e Cerdedo Cotobade • Continúa a xira das food trucks do Sabor das Rías Baixas con paradas no campo de fútbol de Portas de 9.30 a 15.30 horas, e de 10.30 a 13.30 e de 16.30 a 19.30 horas no pavillón de Cerdedo.
Conferencia
Hoxe • 20.00 horas • Ateneo Santa Cecilia • Co inicio da campaña de Renda 2026 da Axencia Tributaria, Alba Loureiro Acuña, funcionaria da Axencia Tributaria con nove anos de experiencia, ofrecerá a conferencia titulada A túa Declaración da Renda paso a paso.