Homenaxe a dous mestres de Caldas de Reis depurados polo franquismo

PONTEVEDRA

Pilar Pozo Juncal e Agustín Álvarez, mestres depurados polo franquismo
Pilar Pozo Juncal e Agustín Álvarez, mestres depurados polo franquismo CARRACEDO FALA

Trátase de Pilar Pozo Juncal e Agustín Álvarez

19 abr 2026 . Actualizado a las 05:00 h.

A asociación cultural Carracedo Fala renderá este domingo unha homenaxe pública a dous mestres que exerceron o seu labor profesional nesta parroquia caldense nos anos 30 do século pasado e que foron depurados pola ditadura franquista e apartados do seu posto de traballo. A entidade descubrirá, ás 13.00 horas, unha placa no recordo de Pilar Pozo Juncal e Agustín Álvarez na escola unitaria.

Previamente, ás 11.00 horas, comezarán unha serie de conferencias no Centro Social do Gorgullón a cargo de historiadores, estudosos e expertos na memoria histórica en Galicia, mentres que ás 17.00 horas proxectarase o documental Lola, do director Antonio Caeiro.