A editorial pontevedresa está presentado algunha das súas publicacións nesta localidade italiana
15 abr 2026 . Actualizado a las 05:00 h.Tras a xornada inaugural do luns, a editorial pontevedresa Kalandraka continua a deixar a súa pegada na Feira Internacional do Libro de Boloña, unha das máis importantes do sector. Deste xeito, polo stand da firma da cidade do Lérez pasou o autor e ilustrador italiano Tobias Giacomazzi, quen asinou exemplares de Quero andar sen rodiñas! (finalista do dezasete Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado) e presentou o libro a un grupo de libreiras. De igual xeito, a autora e ilustradora, tamén, italiana, Arianna Papini, asinou os libros que ten publicados no catálogo de Kalandraka, Que che gustaría ser? (finalista do cuarto Premio Compostela), Ser amigos, Quen falta?” e Rocco Pescante e il pesce memoria.
Ademais, no marco do espazo The Poetry Corner, presentamos o poemario E cento altri tesori (Y cien tesoros más) con Franca Perini (texto) e Anna Pedron (ilustracións).
As actividades proseguirán este mércores coa presenza do cangués Xose Manuel González, Oli, a arxentina Natalia Colombo, as italianas Guia Risari e Matilde Tacchini, e a catalá Mercè Galí, así como voltará Tobias Giacomazzi para, de novo, asinar exemplares do seu libro Quero andar sen rodiñas!