A gastrosexolóxica da alimentación chega á Semana Galega de Filosofía de Pontevedra

Alfredo López Penide
L. Penide PONTEVEDRA / LA VOZ

PONTEVEDRA

Arranque da Semana Galega de Filosofía
Arranque da Semana Galega de Filosofía MIGUEL PUEBLA

A 42 edición desta cita contará este martes coa presenza de Xavier Castro, Valeira Campos e Mónica Novas

06 abr 2026 . Actualizado a las 17:11 h.

Coa conferencia O discreto encontro do devorante, en claro homenaxe ao cineasta Luis Buñuel, o profesor arxentino Matías Bruera inaugurou este luns unha nova edición da Semana Galega de Filosofía, que nas súas 42 edicións tense convertido «nunha cita ineludible e nun encontro único na cidade de Pontevedra», destacou Rafa Domínguez, vicepresidente da Deputación.

Arranque da Semana Galega de Filosofía
Arranque da Semana Galega de Filosofía MIGUEL PUEBLA

Baixo o título de Filosofía e alimento desenvólvese no Pazo da Cultura a Semana que, nesta segunda xornada, contará con tres novos relatorios. Así, ás 10.30 horas, a filósofa e escritora Valeria Campos abordará Ontoloxías do comer, mentres que, a partires das 16.30 horas, o historiador Xavier Castro, analizará as Novas perspectivas sobre a sociedade, a alimentación e a historia das mulleres en Galiza. Pechará as sesións, Mónica Novas, psicóloga clínica e xurídica, e sexóloga con Comer, desexar, pensar: unha ollada gastrosexolóxica á alimentación.