Miriam Reyes, Chus Pato e Yolanda Castaño, tres últimas gañadoras do Nacional de Poesía, inauguran Mulleres de Palabra(s)
28 mar 2026 . Actualizado a las 05:00 h.Co transfondo da celebración o pasado 21 de marzo do Día Mundial da Poesía, este sábado as tres últimas gañadoras do Premio Nacional de Poesía serán as encargadas de inaugurar, a partires das 12.30 horas, a segunda edición de Mulleres de Palabra(s). Deste xeito, Miriam Reyes, Chus Pato e Yolanda Castaño protagonizarán a primeira das sete citas programadas ata o mes de outubro dentro deste ciclo.
Con un aforo limitado a un centenar de prazas, esta iniciativa terá un formato de recital e coloquio, de tal xeito que suporá «unha invitación para conversar e recitar» coas autoras, recollen dende a Deputación de Pontevedra.
«Creo que é unha ocasión única para ter xuntas a Miriam Reyes, a Chus Pato e a Yolanda Castaño, tres Premios Nacionais de Poesía que nos últimos anos son para mulleres e para mulleres galegas. Non podíamos desaproveitar esa situación nun ciclo coma este», remarcou a xornalista Susana Pedreira na presentación de Mulleres de Palabra(s).
A ourensá Miriam Reyes foi a última gañadora do Premio Nacional de Poesía, correspondente ao ano 2025, pola súa obra Con, un poemario que, segundo o xurado, «participa de la conversación pública en lo que respecta a las posibilidades de los vínculos. La voz de la autora traza con fuerza y originalidad el territorio de lo mutuo, hasta darle un excepcional sentido cósmico. El compás de la obra se centra en las dimensiones de la relación con el otro. Y lo hace desde una inteligencia lingüística que piensa y conmueve, mientras escribe, desde la desnudez de la conciencia y del cuerpo».
Deste xeito tomou o relevo da tamén ourensá Chus Pato (María Jesús Pato Díaz), que foi recoñecida no 2024 con Sonora. No seu caso, o xurado resaltou o feito de que se trata dunha «obra experimental, una expansiva y concentrada conversación entre el poema y la muerte, aquella que, tras la orfandad de la madre, arrastra a los lectores hacia los abismos del propio linaje. Auténtico fulcro de la poesía gallega, Chus Pato explora nuevas formas de deconstruir y reconstruir los marcos del pensamiento poético tradicional».
Previamente, no 2023, fora premiada a compostelá Yolanda Castaño por Materia, unha, en opinión do xurado, «poderosa propuesta poética en la que cada estado de la materia se expresa en un tono propio, con poemas de una metafísica doliente y original, que apunta tanto a la vanguardia como al origen con una extraordinaria fuerza evocativa y sensorial», recolle a web do Ministerio de Cultura.
Con este arranque, Mulleres de Palabra(s) cumpre o seu o seu obxectivo de «poñer a palabra de mulleres no centro», remarcou Susana Pedreira, quen estivo acompañada na presentación polo presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e as escritoras Arantza Portabales e Gemma Sésar.
Simbolismo
Ao tempo, Pedreira, por unha banda, destacou o simbolismo que ten o nome desta proposta cultural á hora de buscar «transmitir a confianza e a credibilidade na palabra das mulleres tan cuestionada dende sempre». E, por outra, incidiu na literalidade desta denominación porque «as protagonistas son as palabras, as mulleres que viven da palabra e que escriben palabras». Ten claro a impulsora desta iniciativa que estas palabras «son unha ferramenta perfecta para traballar a perspectiva de xénero e para falar do mundo. Elas levan escribindo, relatando o mundo dende sempre e escoitalas axúdanos a reflexionar, a gozar e a entendernos mellor», engadiu.