Das trapicheiras do Miño ás versións pop rock de In The Cisos

PONTEVEDRA

Imagen de archivo de Mr. River
Imagen de archivo de Mr. River ANA SANMARTÍN

O último venres de marzo ofrece unha variedade de propostas culturais na contorna de Pontevedra

27 mar 2026 . Actualizado a las 07:56 h.

Diversa e moi variada é a oferta cultural deste venres.

ARQUIVO HISTÓRICO PROVINCIAL
 

Conferencia

Hoxe • 19.00 horas • Arquivo Histórico Provincial • Con ocasión do Día Internacional da Muller, programouse un relatorio de Natalia Jorge Pereira, doutora internacional en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela, titulada Un formigueiro de mulleres. As trapicheiras do Miño.

Jaime Iglesias
 

Música

Hoxe • 20.30 horas • Casa da Cultura de Lérez • A Asociación Cedofeita presenta á Coral Polifónica O Chopo que, baixo a dirección do mestre Julio Vázquez Martínez, ofrecerá un repertorio con pezas tradicionais galegas, como Xa non sei cantar, Catro vellos mariñeiros ou Velaí vai, ao lado doutras como El bodeguero ou Locuras.

Música

Hoxe • 22.00 horas • Liceo Casino • Nas instalacións de Manuel Quiroga terá lugar a actuación do grupo In The Cisos, «banda de versiones pop rock que rinde homenaje a destacados artistas nacionales como Manolo García, Radio Futura, Los Ronaldos, Tam Tam Go! y Joaquín Sabina, así como a reconocidas figuras internacionales como Bryan Adams, Eric Clapton, Dire Straits y Tears for Fears». Ao seu remate, sesión DJ a cargo de Luis Lobato.

CONCELLO DE CALDAS DE REIS

Gastronomía

Hoxe • De 19.00 a 23.00 horas • Ata o domingo, distintos establecementos participan na primeira edición da Ruta de Tapas de Caldas de Reis, que ofrece petiscos a 3 euros dende este venres.

CONCELLO DE MARÍN

Exposición

Hoxe • Ateneo Santa Cecilia e Museo Manuel Torres de Marín • Último día para visitar a exposición Voilà la femme, emblemática cita coa arte contemporánea e o feminismo que está comisariada pola artista Celeste Garrido e que nesta edición con dúas sedes.

Miguel del Río, guitarrista de Mr. River
Miguel del Río, guitarrista de Mr. River Manuel Bondad

Música

Hoxe • 21.00 horas • La Pecera • A banda pontevedresa Mr. River presentará o seu cuarto álbum de estudio, Padrón Peppers, nesta sala de Vigo. Esta traballo discográfico está composto por catro novas cancións compostas por Miguel del Río e con arreglos de Mr. River Band. O prezo das entradas é 10 euros.