Javier Otero abre o ciclo «Ao Son do Piano» no Museo de Pontevedra

PONTEVEDRA

MUSEO DE PONTEVEDRA

O músico trae á cidade do Lérez a súa proposta na que mestura piano e electrónica

07 feb 2026 . Actualizado a las 05:00 h.

O músico Javier Otero abrirá este sábado, a partires das 12.30 horas, a terceira edición de Ao Son do Piano que impulsa a Deputación de Pontevedra no Museo de Pontevedra. Trátase dun ciclo de concertos de música clásica contemporánea arredor do piano de cola.

Otero Neira, quen se define como un artista polifacético, de formación clásica pero interesado en todo tipo de músicas, trae á cidade do Lérez a súa proposta na que mestura piano e electrónica. Deste xeito, en directo toca o piano e sintetizadores acompañado por Rubén Iglesias, que toca o baixo eléctrico e tamén sintetizadores. Unha posta en escena que conxuga a vangarda coa esencia do piano e da música electrónica.