O pasado venres contou coa finalista do Premio Planeta, Ángela Banzas, que presentou «Cuando el viento hable»
10 dic 2025 . Actualizado a las 05:00 h.Despois de que o pasado venres a finalista do Premio Planeta con Cuando el viento hable, Ángela Banzas, presentase esta novela en Bueu, a Libraría Miranda programou toda unha maratón de eventos literarios para os vindeiros días.
Así, este mesmo mércores, ás 19 horas, Lucía Solla Sobral levará ao Centro Social do Mar a súa obra Comerás flores, mentres que o 15 de decembro, co mesmo horario, será a quenda de Miguel Ángel Cajigal, El Barroquista, e a súa Otra historia de la música, mentres que o 19 de decembro, ás 17 horas, Ledicia Costas e Luismi Pérez presentarán Bruxas & Dragóns. Porá o broche, Luis Davila, O Bicheiro, o día 20, ás 11.30 horas.