30 nov 2024 . Actualizado a las 05:00 h.
Ao longo da fin de semana, e con funcións o sábado, ás 17 horas, e o domingo, ás 12 e ás 17, Educateatro Producións cambia as táboas dos teatros pola carpa dun circo na Praza do Regueiro, en Cantodarea (Marín). O Circo de Pinocho é unha «montaxe, creada unicamente para representarse en carpa, combina o teatro musical cunha escolma dos números máis tradicionais do circo, empregando como fío condutor a Pinocho, un dos personaxes máis coñecidos da literatura universal», precisaron dende o Concello de Marín.
A alcaldesa María Ramallo destacou «a sorte que temos de poder desfrutar dun espectáculo así na casa e ademais con participantes, como Noel, que son marinenses».