Presentación en Pontevedra do libro que compila a exposición «Papagaio»

PONTEVEDRA

Editado por Kalandraka recolle imaxes de Maribel Longueira e textos de Luísa Villalta
05 nov 2024 . Actualizado a las 16:03 h.Esta tarde, a partires das 19 horas, o Ateneo de Pontevedra organiza no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra a presentación do libro que compila a exposición Papagaio, da fotógrafa Maribel Longueira, volume reeditado recentemente pola editorial Kalandraka. A autora estará acompañada por Xaime Toxo e Francisco Fernández Naval.
A orixe desta obra remóntase ao 2001, cando o barrio coruñés Papagaio, espazo tradicionalmente dedicado á prostitución, foi derrubado. Durante o proceso de demolición, Maribel Longueira captou coa súa cámara analóxica todo o proceso.
«Unha escolma de 66 fotografías de Maribel Longueira e 19 poemas de Luísa Villalta serían o derradeiro libro da poeta a que neste 2024 lle dedicamos as Letras Galegas e que hai uns meses vén de reeditar Kalandraka», precisaron dende o Ateneo de Pontevedra.