A Xunta destina 105.000 euros a financiar as iniciativas dos centros da Siradella e O Veral durante tres anos
04 nov 2024 . Actualizado a las 05:00 h.A Xunta adxudicou por case 105.000 euros, ive incluído, o servizo para a elaboración e execución de campañas e actividades divulgativas a través das aulas da natureza de A Siradella e O Veral, situadas no Grove e Lugo, respectivamente.
Cunha vixencia de tres anos —2024, 2025 e 2026— aínda que prorrogable por outro exercicio máis, o obxecto principal deste contrato é «contribuír a difundir os valores propios da Rede Natura 2000 e dos espazos naturais protexidos da comunidade así como da biodiversidade e dos diferentes tipos de hábitats que albergan a través de diferentes accións e do deseño de material específico, como trípticos e dípticos», segundo informa a Consellería de Medio Ambiente.