A Outubrofest premia ao Club de Loita Pontevedra

Alfredo López Penide
L. Penide PONTEVEDRA / LA VOZ

PONTEVEDRA

ADRIÁN BAÚLDE

A cita gastronómia remata este domingo

01 nov 2024 . Actualizado a las 17:28 h.

A catorce edición da Outubrofest, adaptación galega da Oktoberfest de Baviera impulsada polo Pontevedra Rugby Club, encara este sábado e domingo a súa recta final na carpa da Alameda. Na xornada de onte, sábado, procedeuse á entrega do Premio máis que rugby que, nesta ocasión, recaeu no Club de Loita Pontevedra.

ADRIÁN BAÚLDE

Este sábado, con apertura da carpa de 12 a 24 horas —a cociña pechará media hora antes—, desenvolverase de 13 a 15 horas unha sesión vermú. Poderanse degustar distintos tipos de cervexa, ademais de refrescos e, como novidade, sidra acompañando á gastronomía típica destes eventos, salchichas e codillo elaborado en forno de leña.