A poesía nas cinco linguas máis faladas na península toma Pontevedra

Alfredo López Penide
L. Penide PONTEVEDRA / LA VOZ

PONTEVEDRA

ADRIÁN BAÚLDE

Ata o domingo desenvolverase en distintos espazos da cidade o Festival Poético Veñan as Cinco

26 oct 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

Esta última fin de semana de outubro, a cidade do Lérez será escenario do Festival Poético Veñan as Cinco, que desenvolven o Ateneo e o Concello de Pontevedra co obxectivo de levar a poesía e a música por diversos espazos da capital. É o caso do Museo de Pontevedra, ou o Teatro Principal, pero tamén dos locais O Diaño e A Verbena ou o recén inaugurado Espazo Mauro Lomba.

ADRIÁN BAÚLDE

Neste sentido, o concelleiro de Cultura, Demetrio Gómez, destacou que Veñan as cinco «fai referencia ás cinco máis faladas linguas da península ibérica. Queremos agradecer o esforzo e tesón para que este festival poida ser posible. Houbo ao longo dos meses de preparación unha serie de eivas, problemas e dificultades e se non é polo esforzo e ganas que lle puxeron, non estaríamos hoxe aquí. Desde aquí o noso agradecemento en nome de todas as amantes da poesía de Pontevedra porque imos ter a oportunidade de gozar da poesía, de afondar na reflexión ou simplemente no goce estético desta arte que as veces, ou normalmente, distrutamos en soidade, na casa... e imos transformar iso no feito de xuntármonos cas persoas que non teñen ese gusto habitual e terán a oportunidade de descubrila e descubrir un panorama moi amplo da poesía que se está facendo na península ibérica nas diferentes linguas».

ADRIÁN BAÚLDE

Deste xeito, tras a xornada de inaugural deste venres, a programación do sábado arrancará no Museo con dúas clases mestras sobre o proceso creativo impartidas polo poeta Zheto Cunha Gonçalves, entre as 11 e as 12 horas, mentres que das 12 ás 13 horas tomará o relevo María Sánchez. Ao seu termino, a praza da entrada do Edificio Castelao acollerá un concerto do músico Fran Fernández que, en caso de mal tempo, se trasladará ao interior.

ADRIÁN BAÚLDE

Xa pola tarde, ás 20.30 horas, no Teatro Principal de Pontevedra terá lugar unha performance poética coas voces de Nuria Vilán, María Sánchez, Mari Luz Esteban, Zheto Cunha Gonçalves e Mireia Calafell.