19 oct 2024 . Actualizado a las 05:00 h.
«Música, libros e viño tecen os vimbios do ciclo Conversas do primeiro andar, a nova iniciativa para dinamizar o gastroespazo do Mercado». Deste xeito presentaron dende o Concello de Pontevedra o novo ciclo cultural que, entre outros obxectivos, busca dinamizar a primeira planta da praza de Abastos da cidade de Lérez. Nesta primeira sesión das seis programadas intervirá Adrián Guerra (18.30 horas) falando dos viños naturais, mentres que a parte musical correrá a cargo, a partires das 20 horas, dun concerto de Bernard Taylor e Rofer de Flor co seus espectáculo Conexión Atlántico de Escocia a Galicia. Toda a programación de Conversas no primeiro andar é de acceso libre e gratuíto.