
A Compañía Lucas Escobedo e o seu espectáculo Paüra pecharán a xornada do domingo
11 mar 2024 . Actualizado a las 10:49 h.O Salón Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra continúa a súa andaina este domingo no marco da súa vinte e cinco edición do, que esta adicada A Maxia.
Así, entre as 11 e as 14 horas desenvolverase no recinto feital a Troca de Libros, mentres que, de 11.30 a 13.30 horas, o Rodalibros do Salón visitará o centro social de Estribela —pola tarde estará no Campo da Feira de Santo André de Xeve—. En torno ás 12 horas, O Carballo con Botas desenvolverá unha sesión de contos itinerante baixo o título de Natureza máxica.

Previamente, ás 11.30 h oras, Taller Abierto programou o obradoiro Contas moito, mentres que, a esa mema hora, Pavís Pavós desenvolverá Voilà. Os afeccionados ao cinema teñen, pola súa banda, unha cita no Teatro Principal con A viaxe de Ernest e Celestine, de Jean-Christophe Roger e Julien Cheng, con acceso libre ata completar cabida. Tamén ás 12 horas, espectáculo de música e contos para bebés con Angeles Goás e Cristina Castro e a súa Carapuchiña e os cinco lobiños, mentres que, xa ás 12.30 e ás 17.15 horas, contos e lingua de signos con Susana Peix e Contar coas mans.

As actividades, como non podería ser doutra maneira, continuarán no horario de tarde, de tal feito que, ás 17 horas, Reviravolta propón o obradoiro gastronómico Máxica cociña: variñas máxicas de galleta. E media hora máis tarde, Baobab Teatro pon en escena Palabras, un espectáculo musical para bebés e familias, e ás 18.30 horas A Banda do Rock Lab ofrecerá o concerto Contos eléctricos.
Posteriormente, ás 19 horas, o MUVI programou o obradoiro A maxia dos videoxogos, ao tempo que se pechará a xornada co, unha obra «innovadora» que fusiona «teatro, música y danza para crear una experiencia artística única y cautivadora».