A ilustradora arousana Andrea Fernández Plata deseña o cartaz do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra

La Voz PONTEVEDRA / LA VOZ

PONTEVEDRA

El concejal de Cultura, Demetrio Gómez, y la ilsutradora Andrea Fernández, muestran el cartel del Salón do Libro de Pontevcedra
El concejal de Cultura, Demetrio Gómez, y la ilsutradora Andrea Fernández, muestran el cartel del Salón do Libro de Pontevcedra CONCELLO DE PONTEVEDRA

A edición deste ano ten a maxia comoa eixo condutor 

16 feb 2024 . Actualizado a las 18:23 h.

O Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra xa ten cartaz. A arousana Andrea Fernández Plata foi seleccionada entre 42 ilustradores galegos ou afincados en Galicia que achegaron os seus deseños. O concelleiro de Cultura, Demetrio Gómez, presentou o cartaz destacando o papel dos ilustradores «que nos permiten ver os libros a través duns ollos moito máis intelixentes, que nos descubren moitas máis cousas das que podemos descubrir os lectores». O cartaz fai alusión ao tema da maxia, eixo desta nova edición do Salón.

Andrea Fernández, que lea tempo colaborando co Salón impartindo talleres de cianotipia ou serigrafía, salientou que «quixen que o cartaz fora unha páxina aberta, un convite á imaxinación, un conto onde andan soltas diferentes personaxes». Ademais, aproveitou que Cataluña é a cultura convidada deste ano no Salón «para meter a rosa e o dragón, un tronco animado que lembra ao Tió, e o Patufet, similar ao noso Garabanciño, unha personaxe da literatura infantil catalana moi emblemática».

Tamén aparecen no cartaz elementos de celebración polo 25 aniversario do Salón, coma o globo e as guirnaldas, así como referencias a mitoloxía e á tradición galega. Na súa elaboración a artista empregou texturas feitas a man con ceras, tinta china, lapis, xogo coa cor, collage e técnicas dixitais.