«No nos moverán», última obra do ciclo de Domingos do Principal en Pontevedra

Alfredo López Penide
L. Penide PONTEVEDRA / LA VOZ

PONTEVEDRA

Titiriteros de Binefar

Titiriteros de Binefar programaron dúas sesións no Teatro Principal

27 nov 2023 . Actualizado a las 09:11 h.

Dirixido para todos os públicos, a posta en escena de No nos moverán, a cargo de Titiriteros de Binefar, clausurará hoxe unha nova edición de Domingos do Principal. Con este espectáculo, a compañía aragonesa recrea a historia dun grupo de hippies que marchan vivir a unha aldea abandonada onde quedaba unha habitante, Aurora. «Dela aprenderon moitas cousas. Volveron abrir as casas, habitalas, recuperar a aldea... Pero un grupo de empresarios quixeron expulsalos», refiren ao respecto.

Estamos ante «un espectáculo musical de títeres e actores con xogos e cancións da tradición oral que farán cantar a todo o público», engadiron en relación a unha obra que acadou o Premio Drac d'Or de les Autonomies en la 22 Fira de Teatre de Titelles de Lleida. Pola súa bandam Titiriteros de Binefar foron Premio Nacional de Teatro para la Infancia y la Juventud no 2009.

Titiriteros de Binefar

Como soe ser habitual en Domingos do Principal, programáronse dúas sesións no Teatro Principal, ás 12 e ás 18.30 horas a un prezo de 4 euros por entrada.

Na presentación deste ciclo, Xacobe Rodríguez, de Teatro Akatro, agradeceu ao Concello de Pontevedra «a confianza que nos da ano tras ano», toda vez que lles permite «facer unha proposta de programación sen ningún tipo de interferencias e basándonos nos criterios que consideramos que son os ideais para poder facer unha mostra deste tipo. Non é só seleccionar os espectáculos, ten moito máis que iso, que orientación lle imos dar, pero buscar en todos os ámbitos das artes ao vivo. No é tan simple como un... para nenos traemos títeres. Traemos títeres si, pero para nenos tamén traemos danza contemporánea, clown, teatro mudo, de actor, espectáculos que teñen un contido e tratan temas que ensinan a forma de afrontar problemas na vida e outros para divertir e emocionar».