10 jun 2023 . Actualizado a las 05:00 h.
A de «Tartaruga vs. Lebre. O desquite» non é, nin moito menos, a única novidade de Kalandraka neste mes de xuño. Así, a editorial pontevedresa volve a publicar unha obra de Eric Carle, prolífico autor estadounidense falecido no 2021, concretamente acaba de sacar ao mercado «A araña moi ocupada». De igual modo, Kaladraka volve a apostar por un clásico da literatura infantil e xuvenil con «Lotta», de Astrid Lindgren, creadora de Pippi Mediaslongas, e Beatrice Alemagna.