A Rondalla pola Lingua anticipa as celebracións polas Letras Galegas en Pontevedra

Alfredo López Penide
López Penide PONTEVEDRA / LA VOZ

PONTEVEDRA

Ramón Leiro

A plataforma cidadá Queremos Galego convocou unha concentración e o Pazo da Cultura acollerá un concerto

17 may 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

O Días Letras Galegas, que se celebra hoxe homenaxeando a Francisco Fernández del Riego, tivo onte en Pontevedra o seu prolegómeno co arranque da Festa da Lingua que organiza o Centro Social A Pedreira en colaboración con concello. Deste xeito, a tardiña, partiu da praza da Peregrina a Rondalla pola Lingua que reuniu a un nutrido grupo de persoas nunha convocatoria que recadou nos últimos días o apoio de preto dunha vintena de colectivos, entre os que se atopaban a Aula Castelao de Filosofía, Escolas de Ensino Galego Semente, Asociación pola defensa da ría (APDR), Asociación de veciños Eduardo Pondal, Asociación cultural San Cibrán ou Boa Vida, como tamén estaban Avante LGBT+ (Comarca de Pontevedra) ou A Mesa Pola Normalización Lingüística e o Ateneo Libertario.

Rematada a rondalla, procedeuse á lectura dun manifesto conxunto para, acto seguido, continuar a festa coas actuacións de Tres pés para un Suso e Sonoro Maxín na praza da Pedreira.

A programación continuará este 17 de maio cunha sesión vermú ao mediodía coas pandeireteiras de Quireza e o grupo de gaitas Foula, e un xantar popular que rematará cunha foliada. Ademais, na rúa Serra haberá animación infantil con Sororas e Peter Punk. Tamén, así como un pasarrúas co grupo Foula e unha solta de libros viaxeiros polas rúas da cidade.

A programación en Pontevedra polo Día das Letras Galegas, en todo caso, no se detén unicamente na Festa da Lingua, senón que ten distintos emplazamentos e convocatorias de diversa índole.

Así, entre outros, a plataforma cidadá Queremos Galego concentrarase ás 12 horas na praza de Curros Enríquez baixo o lema En galego, aquí e agora. «A situación de emerxencia lingüística non permite esperar outros 40 anos a que as institucións se dignen a cumprir as súas obrigas», sostivo o voceiro da plataforma en Pontevedra, Diego Bará.

Pola súa banda, xa ás 19 horas, a Asociación Músico Cultural San Martiño organiza un concerto da Banda de Música de Salcedo e a Coral Polifónica de Salcedo no Pazo da Cultura. A agrupación dirixida polo mestre Alfredo Sánchez Seara adicará a actuación a autores galegos ou a aqueles que se inspiran en Galicia.