O Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra encara a súa derradeira semana

Alfredo López Penide
L. Penide PONTEVEDRA / LA VOZ

PONTEVEDRA

RAMÓN LEIRO

Este xoves está programada una conferencia en liña de Francesco Tonucci titulada Xogar é algo moi serio

02 may 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

Superado o seu ecuador, o Salón Internacional do Libro Infantil e Xuvenil encara a súa derradeira semana. E o fai mantendo este martes a ampliación de horarios, de 11 a 14 e de 17 a 20.30 horas, o mesmo que durante o sábado e mais o domingo, mentres que o resto da semana só abrirá de tarde.

Deste xeito, ao longo destes días están programadas aínda decenas de actividades. Así, hoxe, entre otras citas, o publico asistente pode gozar con O Carballo con Botas e os seus Contos e xogos do vento verde ou coa actuación do Coro Infantil do Conservatorio Manuel Quiroga, mentres que a libraría Paz desenvolverá un encontro con Manuel Lourenzo González, autor homenaxeado nesta edición dos Salón, quen manterá unha conversa con Eva Mejuto e Susana Trigo. O mércores, ademais dos xogos de mesa e videoxogos, así como dos obradoiros, está programada unha sesión de contos que, a cargo de Marta Ortiz, leva por título Adiviña, adiviña.

Francesco Tonucci

En canto ao xoves, continuará o quinto Congreso Internacional de Mediación Lectora cos faladoiros de Paco Veiga e Manuela Vázquez Coto, Os xogos nos libros: identidade e patrimonio lúdico, e de Francesco Tonucci, que intervirá en liña para abordar unha conferencia titulada Xogar é algo moi serio. Ademais, os máis pequenos poderán gozar cos contos de Brais das Hortas.

Pola súa banda, o 5 de maio, terá un certo protagonismo a Cé Orquestra Pantasma, así como Talía Teatro porá en escena a obra Voa, voa. Nesta xornada, de igual modo, está programada a presentación no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra do catálogo do Salón do Libro.

E o sábado, hai citas con Pavís Pavós e a súa Escoita e mira ti; coa poesía visual de Iván R.; ou con Marcelo Dobode e Bea Martínez, que chegan ao Salón con O Cuco. A Reixa Podruccións ofrece Little Nemo descobre os Beatles e Inventi Teatro achegará ao público familiar As palabras perdidas.

En canto á derradeira xornada desta cita que alcanzou a súa vinte e catro edición, esta pecharase cun obradoiro de maxia e contos, Ler é algo máxico!, así como co espectáculo Petiscos de lingua a cargo de Migallas Teatro.