Unha cita co Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra

PONTEVEDRA

Ramón Leiro

23 abr 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

O Salón Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra vivirá este domingo no Pazo da Cultura unha nova xornada plena de actividades. Así, están programados dende obradoiros, como o centrado na elaboración de libros ou o de poesía que dirixe o colombiano Diego Alejandro Ruiz, ata espectáculos musicales, caso de As que máis molan a cargo de A Gramola Gominola.

Ademais, Pakolas acudirá a Pontevedra para presentar Ramona pequena vai á lúa e aproveitará a ocasión para firmar exemplares. De igual modo, os máis pequenos terán o seu oco con Vero Rilo e Sonsoles Penadique co seu Derriba da lúa, mentres que Paula Carballeira protagonizará unha sesión de contos.