Santiago Ferragud presenta o xoves en Cambados «Todo chega desde o mar»

La Voz

PONTEVEDRA

Martina Miser

O acto será ás 20 horas en Exposalnés

19 mar 2023 . Actualizado a las 11:25 h.

O escritor vigués Santiago Ferragud presentará en Cambados a súa nova obra «Todo chega desde o mar». A cita será o xoves 23 de marzo ás 20 horas na casa da Calzada (ExpoSalnés). O libro conta os feitos históricos que deron forma á cidade de Vigo, con especial atención aos sucesos do ano 1.972, pero tamén ás vivencias dos pais e as nais dos folguistas que viviron a represión franquista.