Peche do entroido en Poio co enterro do Galo Bruxo

PONTEVEDRA

CONCELLO DE POIO

18 mar 2023 . Actualizado a las 16:16 h.

Poio pechará este sábado o seu entroido co enterro do Galo Bruxo en Samieira. A saída do cortexo fúnebre está fixada para as 18.00 horas no lugar de Arén para rematar no campo de fútbol de Río de Bois. Unha vez alí, procederase á queima do galo acompañado por unha degustación de produtos gastronómicos típicos do entroido. A velada, pola súa banda, estará amenizada polo Grupo Azabache.