«As 9 cruces», unha novela gráfica sobre a represión e a resistencia fronte ao franquismo

PONTEVEDRA

Capotillo

10 feb 2023 . Actualizado a las 22:46 h.

A Deputación de Pontevedra acolleu este venres a presentación da nova novela gráfica que, baixo o título de As 9 cruces, recolle a historia dos nove miñoráns asasinados polo franquismo na Bombardeira (Baiona). Esta publicación de banda deseñada foi impulsada polo departamento de Memoria Histórica e realizada polo Garaxe Hermético configurándose como a segunda da colección iniciada con Regreso á Illa de San Simón.

A obra será repartido dende a próxima semana nos centros de ensino secundario da provincia e as bibliotecas e centros de lectura municipais, ademais de poder recollerse de balde nas dependencias do Arquivo Provincial. A deputada María Ortega destacou que esta historia non só reflicte a traxedia da represión, senón tamén a resistencia que mantivo o pobo negándose a esquecer a barbarie.