Ponte Caldelas asomase á emigración galega a través de corenta fotografías

PONTEVEDRA

cedida

04 feb 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

Ata o vindeiro 10 de marzo, en horario de 9 a 13 e de 16 a 20 horas de luns a venres, a sala de exposicións da Casa da Cultura de Ponte Caldelas acolle a exposición Nós tamén fomos emigrantes. Fotografías da Axencia EFE sobre a emigración española no século XX. Trátase dunha iniciativa que forma parte do proxecto Corrente cultural, «que considera a arte como un instrumento imprescindible para fomentar o coñecemento e o desenvolvemento colectivo. Grazas a este proxecto, Afundación, a Obra Social de Abanca, impulsa a capilaridade da cultura en Galicia, ampliando a oferta artística alén das súas sedes e trasladándoa ás localidades galegas para desenvolver tamén nelas as actividades da entidade».

A mostra recolle unha selección de corenta fotografías da emigración, tanto española como galega, procedentes dos arquivos da axencia: «O obxectivo é o de tratar de achegarnos a esa realidade histórica a través dunha síntese fotográfica das migracións mediante a mirada profesional e humana dos fotoxornalistas da época», destacaron.